Site icon Crónica3.com A Mariña

Dentro dos condicionantes que se impoñen nestes tempos, o Resort Thalasso Las Sirenas de Viveiro, con máis gañas ca nunca celebra a súa tradicional cea de fin de ano

 Dadas as restriccións de horario marcadas polas autoridades, nesta ocasión o protagonismo da noitevella será máis para a gastronomía e menos para a festa, que durará pouco tempo tra-las badaladas. O menú que se ofrecerá para despedir o ano inclúe Salpicón de Lumbrigante; Vieira en dúas preparacións; Pescada do pincho de Burela rechea de marisco, cama de panadeira e salsa de porros; Sorbete de mojito; e Solombo de Ternera Gallega albardado, foie micuit, pataca bastón e atado de trigueiros. Ademais da cea de fin de ano, o Hotel Thalasso Cantábrico ofrece tamén un paquete que inclúe aloxamento e circuíto de thalassoterapia, con diferentes ofertas.

Exit mobile version