“Non é o momento de alarmar, senón de respaldar e de que todos, tando afectados como o persoal que traballa neste centro, sintan o noso apoio”. Segundo apunta o voceiro popular “debemos estar todos unidos en beneficio do noso pobo”.
“Responsabilidade” e “sentidiño”
Daniel Vega aproveita, ademais, a ocasión para remarcar que “nestas datas debemos de actuar con responsabilidade”. “Temos que seguir coidándonos, polo que é importante que cumpramos as recomendacións sanitarias, aínda que elo implique ter que renunciar a ver a familiares queridos ou a amigos nestas datas tan sinaladas. Sei que os ribadenses actuamos sempre con sentidiño e, nesta ocasión, tamén é importante que o sigamos facendo”, conclúe.