Ribadeo, 11 de decembro de 2020. A voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo, Daniel Vega, continúa co seu compromiso de seguir xestionando orzamento para o municipio, co fin de dotar de mellores e máis servizos aos veciños. Desta volta, as negociacións do popular perante a Xunta de Galicia permitiron o acondicionamento global da escola infantil, que dispón de 99 prazos e 68 nenos.
En total, o Goberno galego destinou a este proxecto preto de 45.000 euros cos que se levou a cabo a mellora da iluminación e da cociña; o pintado da propia escola; garantir a seguridade coa instalación de cámaras de videovixilancia; adquisición de material para o funcionamento diario do centro e para a detección de incendios; actuacións de carpinteiría e do sistema de calefacción. Ademais, e a petición da propia dirección do centro, no marco deste proxecto, e debido á nova normalidade que deixa a covid-19, contratouse a unha camareira-limpiadora.
“Seguimos traballando para traer novos investimentos a noso pobo. Actuar nesta escola era prioritario e necesario. Agora tanto os profesionais como os propios nenos dispoñen dunhas instalacións axeitadas. Foi unha actuación que non é menor, xa que, ademais de redundar no beneficio da comunidade educativa, permitiu dar resposta á nova situación creada polo coronavirus e crear emprego”, conclúe Vega.