M. Kaluza estivo perfecto para desartellar as primeiras chegadas, con Aicardo, a balón parado, e máis tarde de Ferrao. Con todo, os de Andreu Praza conseguiron adiantarse pouco despois, no minuto 5, desde saque de esquina, culminada por unha volea de Ximbinha. Aos poucos, os de Juanma Marrube gañaron en metros e a primeira de ouro chegou no 7, cunha incursión de Lucho que podía esperar Quintela ao segundo pau, pero bateu antes con Marcenio. O meta polaco volveu manter a salvo os galegos rozando o 10 de xogo, de novo en estratexia, ante Aicardo. Tras unha meritoria oportunidade de Pitero para devolver táboas, os blaugranas tamén incidiron con moito perigo sobre a rede mariñá, con Lozano en acción individual e máis tarde Ximbinha, contra o pau. Aínda que o Joan Gamper recibiu o tempo de descanso na área laranxa, Lucho avisou segundos antes á contra.
Souberon os galegos como conter e canalizar a calidade catalá con Kaluza como baluarte ante Aicardo e Matheus, ademais do perigo engadido de Ferrao. David Pazos, Matamoros e Lucho probaron fortuna fronte a Dídac nos primeiros compases da continuación. Chegando á medianía do segundo acto, a consonancia entre Álex Diz e Eto’o foi das máis perigosas para o Pescados Rubén, pero tan só dous minutos despois, de novo desde saque de esquina e repetindo protagonismo Ximbinha, chegou o 2-0. Respondeu Burela con Diego Quintela como porteiro xogador; non cesaron os mariñáns de tentear o meta blaugrana, que soubo como reaccionar ante Pitero, Matamoros e Álex Diz como os máis incisivos, aínda que tamén dispuxo de ocasións a porta baleira e así, na terceira, a falta de 5 segundos para a bucina, subiu o definitivo 3-0.
Martes 22, Xornada 15
Os pupilos do Mariskal despedirán o ano 2020 o vindeiro martes, día 22, visitante de novo ao FC Barcelona na xornada 15 de Primeira (17.00 horas).
Ficha técnica
FC Barcelona: Dídac, Dyego, Lozano, Ferrao, Joselito, cinco inicial; tamén xogaron Aicardo, Marcenio, Adolfo, Ximbinha, Esquerdinha, Daniel, Matheus, A. Coelho
Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza, Iago Míguez, Pitero, Javi Rodríguez, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Matamoros, David Pazos, Quintela, Lucho, Eto’o, Álex Diz
Goles: 1-0, minuto 5, Ximbinha; 2-0, minuto 32, Ximbinha; 3-0, minuto 40, Adolfo
Árbitros: Alonso Montesinos // Santander Flamarique. Por Barcelona amarela para Aicardo, Ximbinha, Lozano. Por Burela amarela para Matamoros.