Zenet, acompañado á trompeta por Manuel Machado e á guitarra por José Taboada, entusiasmou ao público durante máis de hora e media.
A organización do evento fai un balance moi positivo: “a nivel artístico para nós foi un éxito e a nivel de público tamén, por levar cabo esta iniciativa nestas circunstancias e ademais chegouse practicamente ao máximo aforo permitido polas restricións en vigor”, explico Fernando Martínez, de Game Over Productions.
Tamén dentro das actividades do VI Festival de Jazz e Blues na oficina de turismo de Ribadeo segue aberta ao público ata o día 19 deste mes a exposición de fotos de concertos da ribadense Cris Andina.