Site icon Crónica3.com A Mariña

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo trasladou ao Burela FSF os parabéns pola vitoria na final da Copa da Raíña, que se celebrou este domingo en Málaga

O deputado de Deportes, Efrén Castro, felicitou as guerreiras laranxas, que revalidaron o título tras vencer ao Poio Pescamar FS por 1 a 0 na cidade andaluza. Efrén Castro destacou “o éxito do equipo mariñán nunha final cento por cento galega, que volve demostrar o alto nivel competitivo que está logrando o deporte feminino. Ademais do mérito e da satisfacción a nivel deportivo, estas vitorias teñen unha dimensión social porque contribúen a crear referentes femininas na elite”.

Exit mobile version