A través deste concerto didáctico, o grupo de música tradicional galega interpretará as dez cantigas de Martín de Padrozelos, que foron musicadas por membros deste grupo no marco do proxecto Trobador no camiño. Andares pola lírica de Martín de Padrozelos.
O delegado territorial subliñou que este tipo de eventos “axudan á dinamización social, cultural e económica das vilas e cidades e á difusión do fenómeno Xacobeo”. O Goberno galego, engadiu, “traballa co turismo, a hostalería e o sector cultural para formular un Xacobeo 2021 que sexa motor da recuperación económica en Galicia”.