Site icon Crónica3.com A Mariña

A praza do Concello acolleu o acendido do alumeado de Nadal en Burela. Ata alí e achegaron o alcalde, Alfredo Llano, e as concelleiras Noelia Mª Ben e Carmela López

Aínda que o evento estaba previsto para mañá, sábado, foi adiantado debido á previsión de chuvias para as vindeiras xornadas. A praza do Concello conta cun árbore de Nadal e cun gran luminoso. As principais rúas da vila contan con ornamentación navideña. O alcalde, Alfredo Llano, dixo que “este acendido quixemos que sexa un recoñecemento á toda a xente de Burela e aos esforzos realizados nas últimas semanas”. O rexedor lembrou que a hostalería local abriu as súas portas hoxe tras moitos sen actividade e subliñou que Burela recuperará a mobilidade nunhas horas, a partires da media noite.

Exit mobile version