Site icon Crónica3.com A Mariña

A Delegación Municipal de Igualdade do Concello de Xove organizou, en colaboración co CEIP Plurilingüe “Pedro Caselles Rollán”, un proxecto socioeducativo consistente na elaboración do conto “O bote das bolboretas”, realizado polos nenos e nenas de 5º de Primaria, sobre a igualdade e a prevención da violencia de xénero

Trátase dun traballo financiado con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero a través da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. O alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de Igualdade, Ana Abad, fixeron entrega dos exemplares do libro para o alumnado de Infantil e Primaria e para o profesorado do CEIP Pedro Caselles Rollán. Con posterioridade, tamén deixaron algúns ejemplares no IES Illa de Sarón.

Exit mobile version