Trátase dun traballo financiado con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero a través da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. O alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de Igualdade, Ana Abad, fixeron entrega dos exemplares do libro para o alumnado de Infantil e Primaria e para o profesorado do CEIP Pedro Caselles Rollán. Con posterioridade, tamén deixaron algúns ejemplares no IES Illa de Sarón.