Trátase dunha comedia que recrea as peripecias dun vagabundo no seu afán de evitar que se lle arrebate o único lugar que considera o seu fogar, un banco de praza. Este singular personaxe fará fronte á indiferenza, o abuso e a marxinación tendo como única arma o seu inxenio e astucia, e logrando sortear cada situación que se lle presenta para saír ben librado. A peza convídanos a facer unha análise da nosa vida e do noso papel na sociedade dende unha perspectiva distinta. A Área de Cultura da Deputación de Lugo colabora na organización deste evento.
A Concellería de Cultura de Burela programa para este sábado unha actuación do grupo de teatro local O Torques, que estreará a súa última montaxe O Randiña. Será no Auditorio Municipal ás 20:30 horas, con entrada de balde

Relacionado
-
Traballadores de Alcoa cortan a A-8 na ponte dos Santos
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo