Lugo, 16 de novembro, 2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) pon en marcha a campaña Yo me sumo nas súas redes sociais para dar visibilidade aos clientes que nestes momentos apoian ao sector e agradecer dalgunha maneira a súa fidelidade.
Todos aqueles clientes que se queiran unir a esta iniciativa deben enviar un vídeo no que mostren a consumición (café, bebida, menú..) que elixisen para levar ou consumir no propio establecemento, dependendo das posibilidades e normas de cada concello, e digan algunha frase positiva co inicio Yo me sumo. Por exemplo, “yo me sumo para seguir apoyando al sector hostelero”, “yo me sumo para salvar la hostelería de Lugo” ou “yo me sumo para apoyar a este establecimiento” etc.
Os vídeos non deben durar máis de 20 segundos, pódense enviar desde calquera punto da provincia e serán publicados na páxina apehl.org e nas redes sociais de …E para comer, Lugo.
O cliente deberá enviar o vídeo ao correo: comunicacion@apehl.org, xunto con nome, apelidos, localidade, número de teléfono, e outorgar o seu permiso para a súa publicación nas redes sociais.
#salvemosahostalería #salvemoslahostelería