Villares indicou que a medida é positiva e esperanzadora de cara a lograr o obxectivo que todos perseguimos que non é outro que “manter o 100% do emprego e que o aluminio primario se siga a producir na Mariña”.
O rexedor agarda que esta prohibición expresa de deter as cubas “supoña unha volta á senda do diálogo por parte da empresa” para que sente de novo a negociar co Comité e coas Administracións en aras de chegar a un acordo que salve o emprego e a produción do aluminio “capital para toda unha Comarca que leva xa demasiados meses co corazón nun puño”.