Cervo, 2 de novembro, 2020. Na última xoranda da campaña, lamentablemente atopáronse varios puntos nos que se acumulaban todo tipo de restos (sofás, plásticos, botellas, roupa, zapatos….). Vertedoiros ilegais intolerables en diferentes puntos do termo municipal que agochan comportamentos incívicos que hai que censurar publicamente. Desde a delegación de Medio Ambiente subliñan que cada grao de area suma e os pequenos xestos individuais poden resultar claves para o medioambiente e a para a nosa contorna. Recordan que o Concello de Cervo ten a disposición da veciñanza un Punto Limpo no que se poden depositar a gran maioría deses materiais que nos resultan agora inservibles.
Tal e como apunta a edil responsable, Mali Méndez, “vimos de ampliar o horario do Punto Limpo que temos no polígono de Cuíña que estará aberto a partir de agora os martes e xoves de 8:00 a 15:00 horas e os mércores de 15:00 a 20:00 horas”.