Site icon Crónica3.com A Mariña

todostuslibros.com, a plataforma para celebrar o día das librarías

 Foz, 11 de novembro, 2020. Este venres día 13 de novembro celébrase o Día das Librarías.

Este día comezou a celebrarse no ano 2011 e desde entón sempre se celebra nun venres do mes de novembro. Este ano é o día 13.

Este é o texto do gremio de libreiros a nivel estatal sobre este día:

“As librarías somos comercios de proximidade, cun trato cercano e profesional e responsble có noso entorno. En vilas, barrios e ciudades, dinamizamos a cultura e fomentamos a lectura.

Nun ano tan difícil para todos, este 13 de novembro queremos dar as grazas polo apoio que recibimos, mostrar a nosa diversidade e destacar cómo nos estamos a adaptar ao novo contexto tecnolóxico. Será un día festivo e tamén reivindicativo do noso papel esencial no sector do libro e na sociedade.”

Vaise aproveitar a data para presentar a plataforma de venta online www.todostuslibros.com

Esta páxina web xa existía e ven funcionando con éxito desde hai un tempo como web de consulta na que máis de 150 librerías de todo o estado aportan os seus datos de dispoñibilidade de libros ademáis de contar con sección de recomendacións das libreiras. A novedade IMPORTANTISIMA deste ano é que comeza a funcionar tamén como plataforma de venda online, é decir, que calquera persoa pode comprar os libros que desexe nesta web. Deste xeito estará facendo a súa compra de libros a librerías independientes que estamos a pe de rúa e que mantemos un tecido empresarial e cultural moi importante.

Durante todo o día en todas as librerías que están adheridas á campaña, faremos un 5% de desconto –máximo permitido pola lei do libro- en todos os libros.

Exit mobile version