Será este Xoves 3, na Biblioteca, de 18.00h a 19.00h. Para coñecer os diferentes lectores (pros e contras, diferencias, etc) así como os tipos de arquivos máis frecuentes dos libros (Epub, Pdf, Mobi), programas para convertir os arquivos, páxinas de descargas gratuítas, libros electrónicos da Rede de Bibliotecas de Galicia, etc. dentro do Programa Biblioteca Conectad@ do Concello de Alfoz. É unha actividade gratuíta sen inscrición previa. Máis información no teléfono do Concello 982558001.