Esta semana, sumaranse ao reparto os alimentos doados pola Peña Cicista Lar e o Supermercado Gadis, que foron entregados ao concello no día de hoxe, nun acto ao que asistiu, en representación municipal, a concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde Gómez.
A Peña Ciclista Lar sempre organizaba en setembro a Marcha Cicloturista Concello de Viveiro; este ano, como consecuencia da pandemia da COVID-19, fíxose de maneira virtual e, cos cartos das inscripcións das persoas anotadas para participar, decidiron donar eses cartos para facer unha compra e entregala ao Banco de Alimentos para, deste xeito, axudar ás persoas que máis o necesitan.
O Supermercado Gadis, que adoitaba colaborar coa marcha doando comida e bebida para o avituallamento, tamén se sumou a esta iniciativa coa entrega alimentos para esta causa.
Dende o goberno municipal quérese agradecer a Peña Ciclista Lar e a Gadis esta iniciativa e a aportación realizada, que se suma as doazóns que se veñen recibindo ao longo dos últimos meses por parte de asociacións, empresas e particulares para axudar ás familias que máis o necesitan.