Site icon Crónica3.com A Mariña

“Reflectir unha realidade non é inxuriar nin calumniar” afirma o Sindicato de Técnicos de Enfermería, en resposta á Deputación

 Lugo, 23 de novembro de 2020. A Deputación de Lugo respondeu á situación o centro de Trabada ameazando ao Sindicato de Técnicos de Enfermería cunha demanda. Reflectir unha realidade, que é o que fixo SAE, non é inxuriar nin calumniar.

SAE expuxo as situacións que nos trasladaron por escrito e asinado os traballadores da residencia.

O Sindicato de Técnicos de Enfermería puxo de manifesto unha realidade que afecta os profesionais do centro e, en consecuencia aos usuarios.

Tal e como reflicte SAE na súa denuncia, a residencia de Trabada ten un director diferente e aínda que son menos rechamantes as deficiencias que noutras residencias de Mensaxeiros da Paz estas existen e aínda que, por suposto, a Deputación está no seu dereito de emprender as accións legais que considere oportunas debería comprobar que o exposto na nosa denuncia é a situación real dos traballadores que así o comunicaron por escrito e coa súa firma ao Sindicato de Técnicos de Enfermería.

Pode ser que na Deputación non sexan plenamente conscientes da xestión que leva a cabo no centro pero o reflexo dunha realidade non é inxuriar nin calumniar e o Sindicato de Técnicos de Enfermería só trasladou ante a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Lugo as irregularidades existentes comunicadas polos traballadores.

Exit mobile version