Esta exposición abriuse inicialmente ao público o 29 de febreiro deste ano, tendo que pechar poucos días despois debido á pandemia de Covid-19. Pero esta obra, que permaneceu conxelada todos estes meses, poderase visitar de novo nun momento no que quizá a arte sexa máis necesario que nunca.
“Luces y Sombras” é unha colección de máis de 20 fotografías que reflicten unha persoal procura da luz, desde as tebras. O autor non ilumina a escena, a escena ilumínao el, e en último termo, ao espectador. As imaxes mostran estados de ánimo, momentos contemplativos de beleza ou de reflexión, e xogos co abstracto buscando novos estímulos.
Julio Noche utiliza a fotografía, nesta ocasión, como terapia da alma propia, esperando o mesmo resultado na allea.
“Luces y Sombras” estará aberta ao público, e a entrada será libre, de luns a venres en horario de 10:00 h a 13:00 h e de 17:00 h a 20:00 h, ata o día 30 deste mes de novembro.