Viveiro, 14 de novembro, 2020. As beirarrúas da estrada LU-540 dende a zona de Xunqueira ata Magazos, limite da zona urbana, amosan un estado lamentable, un gran número de fochancas, firme moi deteriorado ou nalgúns casos inexistentes.
O estado actual das beirarrúas ocasiona riscos de seguridade para os veciños e as veciñas que as utilizan de xeito habitual, téndose xa producido varias caídas.
En definitiva a imaxe deste tramo da LU-540, unha das vías de entrada e saída da cidade mais utilizadas, e moi mellorable.
Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Municipal de POR VIVEIRO traslada a seguinte proposta de acordo para a súa aprobación en pleno:
1. Acometer con cargo o orzamento de 2021 a reparación das beirarrúas da LU-540 dende Xunqueira ata o limite da zona urbana en Magazos, ou ben incluír este arranxo nos acordos de colaboración do Concello con outras administracións.