O mesmo portavoz popular sinala: “Lidas as declaración do presidente da Deputación e alcalde de Monforte, só é posible lembrar o seu tristísimo papel como presidente provincial no inicio de pandemia. Chegou tarde e pouco ou nada aprendeu en todos estes meses. Por iso mesmo, é atribuíble a que sabe que de novo está perdido na batalla fronte ao covid, esta incontinencia verbal de Tomé diante dos micros nas declaracións referidas”.
Poy declara: “Que Tomé fale de discriminación, de preferentismos despois do que xa está marcado a ferro na súa traxectoria ao fronte da Deputación; que despois de facer e desfacer segundo os propios caprichos, e da histórica constatación de que as máquinas da Deputación non pisan moitos dos concellos populares, as afirmación de Tomé só poden considerarse un insulto á intelixencia dos lucenses e ganas de buscar confrontación nun asunto, a crise sanitaria, na que todos debemos traballar unidos”.
Os populares recordan que Tomé rexeitou hai uns días, no pleno, a nosa colaboración para os orzamentos e, despois de facelo, aínda se atreve, a falar de sectarismo.
Óscar Poy di: “En Galicia si hai un comité técnico na Xunta, recoñecible, que determina as accións a desenvolver; un comité clínico de verdade non coma o de Sánchez, do que nunca máis se soubo”.