Estas II Xornadas Gastronómicas da Faba Verdina de Mondoñedo terán lugar os días 20, 21 e 22 de novembro, e nelas participan un total de 11 locais de hostelería da localidade. A faba verdina voltará a ser a protagonista das tapas servidas en Mondoñedo, de xeito que o público poida desfrutar deste alimento “gourmet” e comprobar a súa versatilidade na cociña.
Os locais participantes son: Bar Amencer, A Bodeguiña, Bar Castro, Bodegón da Catedral, A Cova, Restaurante Padornelo, O Petisco, O Porriño, O Rincón, Viñoteca Segundo (Centro Social) e A Tasca.
Este ano está resultando decisivo para o proxecto de Faba Verdina de Galicia, cunha colleita de gran calidade e a consecución definitiva da marca “FABA VERDINA DE GALICIA”, que distinguirá e certificará a orixe galega desta legume no mercado.
No mesmo acto presentouse o Recetario de Verdina que recolle as receitas elaboradas polos restaurantes e bares de Mondoñedo na edición 2019 das Xornadas, nunha edición que ten como obxetivo “animar ó consumo de verdina” e que se suma ó resto de accións de promoción postas en marcha en torno ó distintivo “FABA VERDINA DE GALICIA”.
A Asociación de Productores de Faba Verdina de Galicia naceu na primavera do 2019 co obxetivo de apoiar e promocionar a actividade dos productores desta faba e coa vista posta na súa comercialización directa, tanto no mercado galego como a nivel nacional. Está constituida por productores de Mondoñedo, Trabada e Lourenzá. A Mariña lucense é precisamente unha referencia na producción deste tipo de fabas en Galicia, debido á idoneidade do solo e o clima.