Castiñeira di: “Esta estrada necesita unha reparación. Nestes últimos tempos estamos a ver que se amañaron vías provinciais que van as praias, pero queda este anaco aquí no Vicedo e pedimos ao presidente da Deputación que acometa as obras o antes posible. Hai que lembrar que o Concello do Vicedo foi galardoado hai pouco tempo cun premio turístico por parte da Deputación”.
Engade o portavoz popular: “Pedimos ao presidente da Deputación que canto antes acometa a reparación desta estrada porque é necesaria para manter ao concello do Vicedo como referencia turística da Mariña”.