A popular faise eco das queixas dos veciños e do sector servizos da vila ribadense e sinala que “os contedores foron retirados sen previo aviso e para unha ubicación descoñecida”. Polo tanto, os seus usuarios “teñen que transportar os bidóns cheos de botellas e o resto do lixo a zonas afastadas”.
Sierra engade que “o goberno municipal debe ter en conta as opinións dos afectados”. Nese sentido, critica que “o goberno do BNG toma esta decisión unilateralmente sen consultar cos veciños, comerciantes e hostaleiros que fan uso destes contedores”.
A vicevoceira do Grupo do PP ribadense lamenta esta medida que prexudica aos hostaleiros e comerciantes e pídelle “respecto” ao señor Suárez cara a “uns sectores bastante afectados xa pola crise derivada da covid-19”. De feito, lembra que “o goberno do BNG aínda non estableceu ningunha medida de apoio ao tecido económico local como lle leva pedindo o Grupo Municipal do PP dende o comezo da pandemia; senón que continúa a cobrar as taxas e impostos municipais sen ningún tipo de exención”.
Gabinete de Comunicación