Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de goberno de Alfoz comezou unha rolda de reunións coas distintas asociacións en cada unha das parroquias

 Alfoz, 10 de novembro, 2020. O grupo de goberno comezou esta semana unha rolda de reunións coas distintas asociacións de veciños en cada unha das parroquias, así como co resto de asociacións culturais, deportivas, ANPAs, etc. para tratar varios temas. O primeiro, os orzamentos municipais do vindeiro ano nos que se quere ter en conta as propostas da veciñanza que fagan chegar a través das directivas das asociacións; as subvencións municipais para actividades culturais, deportivas, educativas, festas, etc. que están a punto de ser publicadas no BOP e que se poderán solicitar en breve; así como calquera outro tema que queiran tratar co goberno municipal.
Para cumprir a normativa vixente e salvagardar a seguridade e saúde dos participantes, estase a limitar o número de persoas por asociación, así como por parte do consistorio, presentes en cada reunión.

Exit mobile version