Ademáis, o concello está nun nivel de alerta epidemiolóxica 1 (AMARELO), é dicir, entre 7 e 14 casos novos positivos de coronavirus confirmados por PCR nos últimos sete días.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, participará maña con outros alcaldes e alcaldesas da comarca nunha reunión informativa sobre a evolución da pandemia coa Xunta de Galicia.
A evolución dos últimos días é boa, estabilizando a situación e baixando os casos no concello sen detectarse novos gromos, como consecuencia sen dúbida do bo comportamento da veciñanza, respectando as medidas e restricións postas en marcha.
O concello lembra aos seus veciños que ten un servizo activo, prestado por Protección Civil e seguindo un protocolo establecido, para axudar a aquelas familias afectadas pola Covid cando ningún dos seus membros pode saír á rúa, para poder depositar ás bolsas de lixo nos colectores ou cubrir as necesidades urxentes, como pode ser alimentación ou medicinas.
Por último, o Concello de Viveiro fai de novo un chamamento á responsabilidade veciñal. As próximas semanas son fundamentais para reducir os casos de Covid-19.