Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro lembra que dispón dun servizo, prestado por Protección Civil e seguindo un protocolo establecido, para axudar a aquelas familias afectadas pola COVID19, cando ningún dos seus membros pode saír á rúa, para depositar ás bolsas de lixo nos contenedores

Trátase dun servizo do que xa están facendo uso varias familias e que pode solicitarse chamando ao teléfono 982570909. Por outra banda, lémbrase que dende o departamento de Servizos Sociais tamén se presta axuda a aqueles afectados que non dispoñan de familiares que os poidan axudar para cubrir as necesidades urxentes, como alimentación ou mediciñas. O teléfono do Centro de Servizos Sociais é 982550421.

Exit mobile version