Trátase dun servizo do que xa están facendo uso varias familias e que pode solicitarse chamando ao teléfono 982570909. Por outra banda, lémbrase que dende o departamento de Servizos Sociais tamén se presta axuda a aqueles afectados que non dispoñan de familiares que os poidan axudar para cubrir as necesidades urxentes, como alimentación ou mediciñas. O teléfono do Centro de Servizos Sociais é 982550421.