O mal estado do firme é causa de numerosas queixas dos usuarios desta vía, que une a parroquia de Lindín coa de Santa María Maior, e dá acceso á LU-124.
O Concello mindoniense insta á Deputación a acometer a mellora completa desta vía e tamén doutras de titularidade provincial que igualmente necesitan reparacións sen máis demora.
O mal estado das estradas provinciais foi motivo de varias iniciativas do grupo provincial do PP nas últimas semanas, que chegou a reclamar do presidente, José Tomé, que renuncie a desempeñar ao mesmo tempo a área de Xestión Territorial.