A aportación do Inega enmárcase nun convenio co Concello para o desenvolvemento do proxecto de recuperación da maquinaria da minicentral hidroeléctrica do río Tronceda. O Concello está interesado en promover o aforro e a eficiencia enerxética mediante a musealización desta fábrica da luz, como centro de interpretación. A aportación do Inega producirase na cantidade de 5.000 euros na presente anualidade e de 23.000 no 2021.
A aportación concedida pola Consellería de Medio Ambiente ten por obxectivo a posta en valor da edificación da fábrica da luz.
O goberno municipal de Mondoñedo expresa o seu agradecemento as administracións colaboradoras
Desde o consistorio mindoniense indicase que se seguen cumprindo os compromisos adquiridos coa veciñanza. A intervención na antiga fábrica da luz foi unha petición recollida nos encontros de participación cidadá que se veñen celebrando en Mondoñedo dende o peche de Finsa.