Na Praza do Seminario haber dous puntos de recarga. As prazas estarán en batería. Neste entorno, a diferenza dos outros dous, considérase suficiente a iluminación existente.
Na Praza de Jaime Cabot haberá dous postes. Neste caso estará empotrado no muro xa existente. As prazas estarán en batería, e, para mellorar a iluminación, instalarase un báculo de alumeado de 4 metros.
Haberá tamén un punto de recarga, con catro postes, no Campo dos Paxariños, preto da área para estacionamento de autocaravanas. Tamén neste caso, as prazas estarán en batería e instalarase un báculo de 4 metros para mellorar o alumeado. A instalación desde punto obrigará a cambiar de ubicación o contedor de recollida de roupa.
Coa instalación deste equipamento, o goberno local trata de posicionar á cidade como punto de recarga nunha extraordinaria área de descanso monumental: Mondoñedo. Igualmente, entende que será un atractivo para animar a entrar na cidade mindoniense.
O obxectivo principal é o estímulo do uso de vehículos eléctricos, que é unha das actuacións incluídas no Plan de Acción para o Clima e a Enerxía aprobado o pasado mércores polo Concello