Alfoz, 10 de novembro, 2020. O 1º Obradoiro de Cine de Igualdade do Concello de Alfoz está dirixido a rapaces e rapazas de 12 a 16 anos. Gratuíto, con límite de 10 participantes por grupo e cumprindo coas medidas preventivas contra o Covid-19. Terá lugar o mércores 11 e xoves 12 na Casa da Cultura de Alfoz (Salón de Actos) de 16.30h a 19.30h. A inscrición realizarase antes do comenzo da actividade.
O obxectivo principal é a creación dunha curtametraxe cuxo tema principal xire en torno a igualdade de xénero. A elaboración do guión e a grabación das imaxes na primeira das sesións e a iniciación á Premiere Pro, para aprender sobre edición de vídeo, así como o visionado do resultado final quedarán para a sesión do xoves.