Na seguinte charla o traumatólogo Roi Castro Muñoz ocuparase da osteoporose en homes e mulleres. E na terceira a médica de urxencias Úrsula González Martos falará das enfermidades cardiovasculares e das actuacións en caso de infarto. Están programadas para os xoves 19 e 26 deste mes respectivamente, ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Foz, con aforo limitado e outras medidas anticovid.