Site icon Crónica3.com A Mariña

O ciclo de charlas médicas de Foz desenvolverase os xoves 12, 19 e 26 deste mes na Casa da Cultura. Na primeira o doutor Jose Manuel Suárez falará de cómo enfrontarse ao Covid

 Foz, 10 de novembro de 2020. O ciclo de charlas médicas de Foz, organizado polo Concello e polo Hospital da Mariña, desenvolverase os xoves 12, 19 e 26 deste mes ás 20:00 horas na Casa da Cultura, con aforo limitado. Na primeira o doutor José Manuel Suárez Lorenzo, especialista en medicina preventiva, falará de cómo enfrontarse ao Covid.
Na seguinte charlas o traumatólogo Roi Castro Muñoz ocuparase da osteoporose en homes e mulleres. E na terceira a médica de urxencias Úrsula González Martos falará das enfermidades cardiovasculares e das actuacións en caso de infarto.
Na presentación do ciclo, que tivo lugar este mediodía, o alcalde focense, Fran Cajoto, deulle as grazas á xerente do Hospital Público da Mariña, María José Cortés, “por participar activamente xa desde hai moitos anos o hospital nestas charlas médicas que se programan en novembro e tamén por atendernos sempre tan ben por vía telefónica nuns momentos que son complicados e que nos transmite tranquilidade aos alcaldes. Ademais nuns momentos como os que estamos a vivir programar información para todos os cidadáns sobre como enfrontarse ao Covid é fundamental porque temos aínda moitas dúbidas sobre como actuar e seguro que nos van trasladar, neste caso José Manuel Suárez Lorenzo, esa información real e veraz. E despois haberá outras charlas, sobre a osteoporose e sobre as enfermidades cardiovasculares. E parabéns polo gran traballo que están a realizar todos os profesionais médicos en momentos moi difíciles e nos que teñen que dar máis do cen por cen. Confiamos neles para capear esta crise que estamos a vivir”.
María José Cortés explicou que “para o Hospital da Mariña sempre é un motivo de alegría sempre é un motivo de alegría que se conte con nós para participar neste tipo de xornadas porque aparte do día a día, de atender as necesidades do hospital, onde estamos continuamente sacando adiante traballo, tamén é bastante gratificante que se conte con nós para facer xornadas divulgativas e preventivas, que é unha parte esencial do traballo dos sanitarios: o previr as enfermidades. Este ano a axenda loxicamente ven marcada polo coronavirus e polo tanto non podía ser doutra maneira que unha charla fose dedicada a este problema en particular”.
E o concelleiro Chema Linares comentou que “la situación es muy difícil y se valoró no realizar estas charlas o posponerlas, pero considero que ciertas actividades culturales, lúdicas o didácticas ayuda también un poco, por salud mental, dada la situación de angustia que está viviendo la mayor parte de la población mantener ciertas actividades es importante. Estas charlas se enmarcan dentro de la campaña de dinamización y de impulso de la actividad que está realizando el Concello de Foz”. E rematou explicando que “el aforo va a estar limitado a un 50 por ciento salvo que se modifiquen las circunstancias; estaremos a lo que dispongan las autoridades sanitarias. El uso de la mascarilla es preceptivo, se mantendrá la distancia de seguridad, dispondremos de gel hidroalcohólico a la entrada y se realizará la correspondiente ventilación del local”.

Exit mobile version