Viveiro, 25 de novembro, 2020. Co lema ‘Sácalle brillo ao Black Friday mercando no comercio local’, unha trintena de negocios participarán na campaña, que pretende facer fincapé nun contexto coma o actual, de crise por mor da Covid-19, en consumir nas tendas de proximidade, a fin de estimular a economía tanto de Viveiro coma da comarca da Mariña.
Tendas de sectores coma o téxtil, o alimentario, a decoración ou servizos participarán na campaña, que ofrecerá descontos de ata o 50%. Como novidade e dada a situación de peche perimetral do municipio de Viveiro, aquelas persoas que queiran mercar produtos desde outros puntos da Mariña e non teñan opción de desprazarse poderán desfrutar de envíos gratuítos nas compras nos locais asociados.