A comarca da Mariña presenta un importante déficit en materia de infraestruturas desde hai varias décadas, un feito constatado e denunciado en moitas ocasións pola sociedade mariñá e polo BNG.
Os sectores económicos e produtivos da comarca sufren día a día as consecuencias do abandono a que os diferentes gobernos do Estado, do PP e do Psoe someteron e someten a esta comarca. Así llo fixeron saber a Néstor Rego e aos representantes do BNG os colectivos sociais, empresariais e sindicais en reunións mantidas ao respecto na comarca desde que o BNG volveu a acadar representación no Congreso hai agora mesmo un ano.
A-74, Liberación do Dique Norte de Morás e Feve, infraestruturas sempre na axenda do BNG
Para o BNG non é admisible que o goberno do Estado siga sen impulsar a A-74 Barreiros-San Cibrao, consignado únicamente partidas testimonias para a mesma. Por eso o BNG emenda ese apartado propoñendo que se destine unha cantidade suficente para o inicio desta infraestrutura no 2021.
Tamén propón o BNG incluir nos orzamentos a redacción do Proxecto de adaptación do Dique Norte de Morás para a súa liberación para usos comerciais. Infraestrutura sobre a que chegou a haber unanimidade a nivel político pero que os diferentes gobernos do Estado non executaron.
A mellora da rede ferroviaria de Feve, mellorando o mantemento da mesma, remodelando estacións e a ampliación de frecuencias nas liñas tamén é outra das propostas nas emendas, para que este ferrocarril funcione coma un verdadeiro servizo de cercanías.
Mellora da seguridade nas estradas estatais, e na accesibilidade e mobilidade
Estas son outras das deficencias nas nosas redes viarias dependentes do Estado, por eso propónense emendas para conseguir a dotación económica que solucione estas eivas. Son os casos dos dous cruces de Cangas de Foz e mais da Corredoira na N-642, a prolongación do terceiro carril na N-634 na subida á Xesta, a construcción do acceso central ao vial de acceso ao porto comercial de Ribadeo, o acceso de Ribadeo á A-8 dirección Asturias, e tamén a rexeneración do firme da N-634 entre Lourenzá e Barreiros.
Necesidades en materia medioambiental nos concellos
A necesidade urxente da construcción dunha EDAR en Barreiros é outra das propostas de emenda do BNG. E tamén a restauración hidrolóxico ambiental do cauce e das marxes do Río Masma entre Foz e Barreiros no tramo de 3,5km de afección de Costas. Tamén se propón a rehabilitación como senda verde a Vía do Tren Mineiro entre A Pontenova e Ribadeo, e mais o proxecto “Ruta das Cetáreas” de Rinlo.