Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro pregunta polo estado actual do cambio de ubicación de Aspanane e a Escola Oficial de Idiomas

 Viveiro, 1 de novembro, 2020. A día de hoxe, o goberno municipal do PSOE non nos ten informados do estado actual dos trámites previos e necesarios para levar a cabo o cambio de ubicación da Escola Oficial de Idiomas que permitirá ampliar as instalacións do centro de día de Aspanane.

Razóns polas que dende o BNG de Viveiro rogamos:

.Coñecer se foi cedida a titularidade do inmoble “Colexio Vello” de Celeiro ao Concello e á Consellería de Educación.

.Coñecer o estado actual do convenio en canto ás partes que o asinarán, prazos e condicións.

.Que o equipo de goberno conceda a máxima prioridade a estas xestións, tendo en conta a demora que leva xa este proxecto.

Exit mobile version