Esta proposta naceu da reunión que o Bloque Nacionalista Galego mantivo coa asociacióon AFA en outubro do ano pasado, na que despois de escoitar as súas necesidades nesa mesma reunión se lle propuxo á directiva que desistiran da idea de crear unha nova edificación tal e como tiñan previsto e optasen por rehabilitar, neste caso o antigo edificio de Calvo Soltelo de titularidade municipal.
Dende o grupo do BNG alegrámonos de poder contribuír, tanto coa nosa proposta como co noso voto favorábel a darlle solución a un problema de espazo que levaba tempo demandando a Asociación de Familiares de persoas con Alzheimer.
Se ben esta é a punta do iceberg dun problema que a pandemia non fixo máis que poñer en evidencia, a demoledora política de recortes e privatizacións do PP da Xunta, co sr. Feijóo à cabeza, en materia de prestación de servizos sociosanitarios, o que fixo que a responsabilidade e todo o peso do coidado dos nosos enfermos e enfermas esté a recaer íntegramente nos familiares no canto de recaer nas administracións públicas que son as que deberían prestar estes servizos de atención sociosanitaria, posto que é responsabilidade destas velar pola saúde e benestar das persoas e non facer negocio coa saúde e os nosos maiores.
Esta proposta do BNG de cesión a AFA foi aprobada en pleno por unanimidade, polo que seguiremos en contacto coa asociación e Concello para que se cumpran os prazos.