Site icon Crónica3.com A Mariña

O Alcalde de Riotorto pide que a Deputación inclúa no orzamento do vindeiro ano os 402.000 euros que ten de orzamento o polígono industrial

 Riotorto, 3 de novembro, 2020. O Alcalde, Clemente Iglesias, demanda ao Presidente da Deputación que inclúa no orzamento do vindeiro ano os 402.000 euros que ten de orzamento o polígono industrial de Riotorto.
Para o concello é moi importante esta infraestructura, xa que non dispón de solo industrial para asentar as empresas locais. Hai demanda existente e non se pode permitir que as empresas abandonen este Concello por falta de solo para asentarse.
Agora que xa está redactado o proxecto por parte do SUPLUSA, non se pode esperar máis para ter esta infraestructura tan básica no municipio.
Considera o Alcalde que sin solo industrial “non podemos ter crecemento económico”.
Tratase dunha zona industrial, dividida en 11 parcelas e cunha superficie para construir de 10.800 m.
Desde o ano 2015 que se iniciou o procedemento, solicitando as autorizacións sectoriais e a autorización de urbanísmo para a zona industrial, chégase agora o ano 2020 ainda sen o compromiso da Deputación da súa execución.

Exit mobile version