Site icon Crónica3.com A Mariña

O Alcalde de Burela confía en que a vila recupere a mobilidade a vindeira semana

 Burela, 26 de novembro de 2020. Burela seguirá co peche perimetral e coa hostalería cerrada uns días máis, debido á incidencia acumulada por contaxios de covid-19. O alcalde, Alfredo Llano, mantivo esta mañá unha xuntanza coas autoridades sanitarias. O rexedor agarda que a situación mellore de cara á vindeira semana e que o martes se poida producir algún pronunciamento en firme. Hoxe Burela conta con 37 casos activos.
Llano declarou que “Burela está cunha incidencia acumulada alta, de momento, temos hoxe 37 activos, tíñamos que baixar a menos de 20, que considero que se todo vai ben e seguimos nesta liña para o martes, que se volva reunir o comité clínico, xa nos digan algo en firme tanto sobre a mobilidade e a actividade socioeconómica”.
O alcalde explicou que “están facendo as PCR do barco onde hai 12 que contabilizan como de Burela, máis outros 7 que están a punto de saír xa e outros 5. Así xa quedariamos cun número de positivos realmente optimista e pasaríamos ao nivel amarelo ou laranxa”.
O rexedor espera que “para a semana, a ver se pode ser o martes ou o venres xa, para facer a apertura que eu plantexei. Penso que agora Burela está co peche, pero realmente creo que non ten ningunha incidencia no aspecto sanitario porque están saíndo e entrando máis de mil persoas ao día. Polo tanto, solicitei hoxe formalmente que se tivera en conta esta realidade e que se puidera recuperar a mobilidade ao cen por cen. No respecto á actividade socioeconómica, imos ver se todo vai ben, se reducimos bastante a incidencia e o martes xa nos din que podemos ir pensando na reapertura en Burela. Hai que ter esa esperanza. Tratar de seguir axudándonos uns a outros e corresponsabilizarse de que hai que cortar os contaxios o antes posible. Se é así, imos procurar ter todo solucionado para a semana que ven”.

Exit mobile version