Campos agradeceu de xeito especial o esforzo que está realizando toda a comunidade educativa da Pontenova nestes tempos tan complicados. “Todo o persoal dos nosos centros educativos, tanto os nosos docentes, alumnas e alumnos e por suposto, as nais e os pais dos nosos nenos, están realizando unha labor exemplar ao longo destas datas. E, todos xuntos, temos que seguir nese camiño. Cumprindo as recomendacións sanitarias e esperando unha pronta solución a esta pandemia do COVID”, dixo o Alcalde.