Contrahistorias de Galicia é un libro singular, con textos breves e fermosas ilustracións de Rita Gutiérrez, no que Reigosa recolle datos curiosos sobre diferentes personaxes, uns coñecidos e outros “esquecidos e ignorados pola historia oficial”, en palabras do propio autor. Nestas contrahistorias, ademais do torque de Burela, atopamos tamén personaxes da Mariña como Eustorgia Acebo, Antonia Díaz Pérez ou o Merlín de Cunqueiro. Na actividade, que se poderá seguir a partir das 19.30 a través do facebook de Mariña Patrimonio, intervirán o autor Antonio Reigosa, a ilustradora Rita Gutiérrez e mailo editor Miguel Noval.