Site icon Crónica3.com A Mariña

Mónica Freire e Xosé Luis Rivas “Mini” visitan gandeirías extensivas en Riotorto e na Pontenova

 A Pontenova, 18 de novembro, 2020. A deputada provincial do BNG Mónica Freire, responsable de Medio Rural no goberno da Deputación de Lugo, e mais as parlamentarias nacionalistas Xosé Luis Rivas “Mini”, Carme Aira e María García Albert -que exercen como voceiros de distintas áreas relacionadas co sector primario e o desenvolvemento rural na cámara galega – visitaron este mércores Riotorto e A Pontenova para coñecer de primeira man as demandas dos gandeiros que contan con explotacións extensivas na zona.
A visita encádrase nunhas xornadas de traballo que o Bng está a desenvolver por toda Galiza de cara a definir, co sector, propostas encamiñadas a desenvolver todas as capacidades produtivas do medio rural, un sector que a formación nacionalista considera estratéxico para o desenvolvemento económico e social. Nesa liña, o Bloque propón aproveitar os fondos europeos de reconstrución para afortalar o sector primario e impulsar o desenvolvemento rural.
Os concelleiros do BNG en Riotorto, Luis Fernández, e na Pontenova, Xosé Luis Gutiérrez,  e o parlamentario mariñao Dani Castro tamén participaron nestes encontros.

Exit mobile version