Site icon Crónica3.com A Mariña

Maratón televisiva de Tarde Laranxa este sábado

Burela, 20 de novembro, 2020. O fútbol sala regresa esta semana a Vista Alegre con Tarde Laranxa co nacemento de ‘Burela FS TV’, nunha maratón televisiva de 7 horas de emisión.

16.30 horas: Primeira Feminina Xornada 6, P Rubén Burela FS-Salga Zaragoza
20.30 horas: Primeira Masculina Xornada 11, P Rubén Burela FS-Xaén Paraíso Interior

Este sábado estrearemos e probaremos por primeira vez con “lume real”, o noso propio sistema de emisión en directo, cuxos servidores están xestionados directamente polo club. Esta nova tecnoloxía vai permitir emitir con máis control e autonomía sobre as nosas emisións, e crecer no futuro cara a onde queiramos neste sentido.

Exit mobile version