Neste senso, Méndez, destacou que con motivo da crise sanitaria, o que se introduciu nos centros de atención primaria foi unha valoración previa da necesidade da consulta presencial, a través dunha chamada telefónica; “unha medida prudente e razoable dada a situación epidemiolóxica, que non foi exclusiva de Galicia”.
A concelleira ve fóra de lugar a moción presentada polo BNG na que demanda cuestións que xa contempla a Xunta de Galicia; “que ten en marcha un Plan de Reactivación Asistencial baixo a premisa sempre da seguridade dos doentes e do propio persoal sanitario, atendendo á evolución da situación epidemiolóxica na nosa Comunidade”.
Méndez aféalle ao BNG “que estea sempre instalado sistematicamente na crítica destrutiva en materia sanitaria”; porque os datos da pandemia son accesibles para todos; e sitúan a Galicia á cabeza das mellores respostas sanitarias de toda España; “algo se estará facendo ben na sanidade galega; non todo será froito da casualidade nin da improvisación”, ironizou.
A edil quixo tamén recordarlle aos voceiros nacionalistas que esta comunidade está á cabeza en oferta de emprego público, xa que é das poucas que está convocando OPES anuais, cunha oferta que podería ser moito máis ambiciosa se o Goberno central, levantara a taxa de reposición “só facía falla vontade política para elo”; e ten cubertas o 90% das prazas de pediatría; fronte ao 75% de media estatal; tendo en conta os o déficit de profesionais que hai nesta especialidade.
Méndez considera que unha vez máis o BNG queda retratado na súa afán de agraviar á Sanidade galega; sen argumentos.