Site icon Crónica3.com A Mariña

Juan Carlos Piñeiro na directiva da Cámara de Comercio Multilateral de Israel e Ibero América

 A Mariña, 12 de novembro, 2020. Juan Carlos Piñeiro Docampo, foi elixido parte da Directiva desta organización internacional. A súa función é Director de Expansión para Portugal e os países da Lusofonía, incluídos os africanos.
A función da Cámara é fomentar o intercambio económico e empresarial no seu ámbito de acción, e o Estado de Israel e o seu tecido empresarial.
Tamén promover as relacións interculturais entre Israel e os Países onde a cámara ten actividade
“a miña intención e liña de traballo e buscar oportunidades de negocio para as empresa galegas e de Portugal coas empresas de Israel e dos Países membros da Cámara. Tamén implicarme no coñecemento da cultura en ámbalas dúas direccións” dixo Piñeiro Docampo
Piñeiro Docampo é tamén membro do Consello do Partido Demócrata Europeo. Actividades que compaxina coa Secretaria Xeral de CxG.
No relativo á Mariña, a axenda de traballo pode favorecer inversións e apertura de mercado para os nosos sistemas produtivos.

Exit mobile version