Abadín, 17 de novembro de 2020. O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, afirmou hoxe que a autovía do Cantábrico está máis preto de ser unha vía segura e aberta ao tráfico 100% grazas aos avances nos dispositivos técnicos que reducirán o impacto actual das néboas no alto de O Fiouco. “Con la combinación de los dispositivos del Ministerio de Transportes que estamos verificando y las nuevas balizas de la DGT, que estarán instaladas el próximo verano, conseguiremos superar el hándicap que nos imponen las nieblas en la zona”, explicou.
Na súa intervención, Javier Losada recoñeceu o compromiso do Ministerio de Transportes e do seu titular, José Luis Ábalos, con esta solución innovadora e coas mellora da infraestruturas e da mobilidade desta autovía e de toda a provincia de Lugo.
Durante a visita, o delegado anunciou que con estes novos sistemas reduciranse as horas de peche actual da autovía nun 85%, pasando das 700 horas de media anuais ás 100 horas, das que a metade serían en horario nocturno. “En lo que va de 2020 este punto ya ha permanecido cerrado más de 500 horas, unos 21 días, y con los sistemas que está testando el Ministerio de Transportes y los dispositivos de balizamiento de la Dirección General de Tráfico los cierres serán mínimos”, ao que engadiu que por este tramo circulan actualmente 8.500 vehículos ao día, dos que 850 son de transporte pesado.
Javier Losada acudiu esta mañá coa subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, ao Alto de O Fiouco onde asistiu á demostración dos dous primeiros prototipos que está a verificar o Ministerio de Transportes e que consisten na instalación de sistemas tecnolóxicos de axuda á condución. “Estos prototipos pasarán las pruebas definitivas a partir de la próxima primavera, cuando empieza la época con más incidencia de nieblas, y una vez pase el verano se tomará la decisión sobre la implantación en todo el tramo, de uno solo o de los dos sistemas combinados”, apuntou.
O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (MITMA) comezou este proxecto a finais de 2019 a través de sete contratos de servizos de investigación e desenvolvemento da “Compra Pública Precomercial (CPP) para o deseño, implementación e experimentación con prototipos de tecnoloxía innovadora relativa a sistemas de protección antinéboa na Autovía A-8, entre Mondoñedo e A Xesta”. O importe deste contrato ascendeu a 5,6 millóns de euros. Os contratos dividíronse en dous lotes, o lote 1, para o desenvolvemento de solucións innovadoras baseadas en sistemas de axuda á condución en situacións de néboa, e o lote 2, para o desenvolvemento de solucións innovadoras baseadas en sistemas que actúan sobre a néboa mediante o seu illamento, eliminación ou desprazamento.
Características Técnicas
O proxecto está a desenvolverse en competencia, por fases temporais de carácter eliminatorio, e de forma independente para cada lote. Desta maneira, están a seleccionarse progresivamente as mellores solucións para resolver a problemática existente. O desenvolvemento consta de dúas fases:
– Fase 1, xa finalizada, de demostración da viabilidade das solucións propostas, na que cada un dos adxudicatarios realizou os estudos e demostracións necesarias para demostrar a eficacia e a viabilidade técnica e económica da súa proposta.
– Fase 2, actualmente en desenvolvemento, de construción e experimentación en campo a escala real cos 4 prototipos seleccionados da fase 1, 2 por cada lote, con obxecto de verificar o correcto funcionamento dos desenvolvementos teóricos nunha contorna real nas condicións de néboa características do tramo da A-8 entre Mondoñedo e A Xesta.
As dúas propostas correspondentes ao lote 1 de axuda á condución que superaron a fase 1 e que corresponden aos que hoxe se presentaron son:
– Sistema de balizamento lateral da vía con luz láser (desenvolto pola empresa Tecnivial).
-Sistema de sinalización horizontal intelixente con tecnoloxía LED proxectada sobre a calzada (desenvolto pola UTE Sener-API).
No caso das dúas propostas correspondentes ao lote 2 de sistemas que actúan sobre a néboa que superaron a fase 1 son:
– Sistema de difusión automático por aspersores de materiais higroscópicos (desenvolto pola Construtora San José).
– Un sistema que combina barreiras estáticas e barreiras dinámicas que empregan dispositivos fluído-mecánicos (desenvolto pola empresa TYPSA).
A Compra Pública Precomercial (CPP) está cofinanciada nun 80% a través do Programa Innocompra do Ministerio de Ciencia e Innovación, mediante o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014-2020. Para facelo posible, o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, asinou en 2017 un Convenio FID (Fomento da Innovación Empresarial desde a Demanda) co entón encargado do programa, o Ministerio de Economía, Industria e Competitividade.
Novas balizas da Dirección Xeral de Tráfico
Na súa visita desta mañá, o delegado do Goberno lembrou ademais que o Ministerio do Interior, a través da Dirección Xeral de Tráfico, licitou un novo sistema de axuda á condución mediante novas balizas intelixentes ás que destina un investimento de 1 millón de euros. “Trabajamos con la previsión de que este sistema ya esté en servicio el próximo verano”, apuntou, “con lo que conseguiremos ya una mejora sustancial de la situación en los próximos meses”.
Javier Losada lembrou que, agora, cando se alcanzan os 40 metros de limiar mínimo de visibilidade, o Centro de Xestión de Tráfico desvía automaticamente a circulación cara á N-634 desde a saída da Xesta ata Mondoñedo. “Nuestro objetivo es bajar este umbral a los 30 metros desde este próximo verano”, apuntou.