Site icon Crónica3.com A Mariña

Iniciativas do BNG de Viveiro para o pleno de decembro

Viviero, 30 de decembro, 2020. O BNG de Viveiro presenta para o vindeiro pleno do 1 de decembro o seguiente:

Mocións:

Moción para sinalizar os roteiros de sendeirismo do Concello de Viveiro e a súa promoción coa intención de xerar rutinas e hábitos saudábeis nunha época na que é imprescindíbel potenciar estas actividades de ocio ao ar libre e sen aglomeracións.

Moción para a rehabilitación integral da zona de Verxeles, o estado das calzadas, beirarrúas e aparcamentos da zona, supoñen un auténtico perigo tanto para a veciñanza que reside aqui como para a que está de paso.

Rogos e preguntas:

Rogo para exixir solventar a pésima calidade das gravacións plenarias despois de máis de un ano no que aínda non é posíbel seguir un pleno de forma telemática.

Voltamos formular as preguntas sobre a xestión da piscina municipal que fixemos hai un ano, e que aínda seguimos sen resposta por parte da alcaldía, como en base a qué causas decidiron pechar a piscina os domingos.

Instamos ao Concello de Viveiro a que nos de conta da situación actual para o inicio das obras de recuperación do barrio de Xunqueira: convenios, proxectos, proceso de licitación para as obras, prazos e outros trámites relacionados.

Exit mobile version