Site icon Crónica3.com A Mariña

Inaugurada en Viveiro a exposición dedicada a Carvalho Calero

 Viveiro, 3 de novembro de 2020. O Concello de Viveiro acolle desde onte e ata o sábado a exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’, dedicada a Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas.

Esta mostra, composta por 13 paneis, pode visitarse na sala de exposicións da biblioteca municipal. Organizada polo Colectivo Egeria, reflicte as “pegadas de Carballo Calero en Lugo”, onde permaneceu quince anos (1950-1965) e desenvolveu unha moi importante actividade na investigación, na educación e na escrita.

No seu período en Lugo, Ricardo Carballo Calero leu e publicou a tese de doutoramento, ingresou na Real Academia Galega e comezou a publicación da súa monumental Historia da Literatura Galega contemporánea.

A inauguración da exposición foi onte, coa presenza da concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega; Jesús Fernández, tenente de alcalde, e membros do Colectivo Egeria.

A mostra estará aberta de martes a venres e poderá visitarse de 10:00 a 15:00 e de 16:30 a 20:30 horas; mentres que o horario do sábado será de 10:00 a 14:00 horas.

Neste 2020, a celebración do Día das Letras Galegas viuse afectado polas medidas e limitacións establecidas como consecuencia da pandemia; con este mostra, o Concello de Viveiro quere seguir difundido e dando a coñecer a vida e obra do homenaxeado.

Exit mobile version