Site icon Crónica3.com A Mariña

I Concurso de fotografía “Alfoz no otono”

 Alfoz, 4 de outubro, 2020. Desde a Delegación de Turismo do Concello de Alfoz e dentro do Plan Único da Deputación Provincial convócase o I Concurso de Fotografía “Alfoz no outono”. Dirixido a fotógrafos aficionados a partir de 16 anos, establécese unha única categoría á mellor fotografía con 3 premios: 300€, 200€ e 150€ e o correspondente diploma.
A temática serán os espazos naturais, patrimonio monumental, arqueolóxico, etc. do Concello de Alfoz durante esta estación.
Os concursantes poderán presentar 2 fotografías, non premiadas noutros concursos, desde o 2 ata o 30 de novembro, enviándoas ao correo turismo@concellodealfoz.com ou presencialmente na Oficina de Rexistro da Casa do Concello.
As bases completas e o modelo de inscrición están dispoñibles na web municipal: www. concellodealfoz.com (na sede electrónica e no apartado Actualidade/Novas). Para máis información poden escribir ao correo de turismo ou chamar ao teléfono 982 558 001 (extensión 2).

A finalidade do concurso é dobre, por un lado poñer en valor a beleza dos recursos do Concello de Alfoz e, ao mesmo tempo, dalos a coñecer mediante a realización de fotografías que servirán para a promoción turística do municipio.
Unha maneira diferente de descubrir, non só aqueles lugares como o Castelo de Castro de Ouro, a Pena Abaladoira ou a Fervenza do Escouridal, de singular beleza e valor, senón moitos outros como árbores senlleiras, paisaxes, pazos e casas señoriais, etc. que merecen tamén un lugar destacado.

Exit mobile version